- O debuxo é unha linguaxe. Debuxar non significa ser debuxantes, igual que escribir non significa ser escritores. É, simplemente, unha forma máis de expresarnos.
- O único que realmente nos impide debuxar é esa voz na nosa cabeza que nos di que non podemos, que non debemos, ou que se nos dá fatal. Ter un “crítico interior” está ben para mellorar e medrar, pero temos que aprender a que non nos free!
- Un debuxo non é máis que unha liña que saiu a pasear. Paul Klee.
- Hai que manter a mente de principiante, para que o proceso sempre sexa un xogo, un acompañante.
- Os obxectos son pequenas fiestras polas que podemos vislumbrar ás persoas. Podemos achegarnos a como son os posuidores das cousas. Mais tamén é unha fiestra a nosa propia elección á hora de debuxar algo.
- Simplifica! (ou non). Non hai que debuxalo todo! Cantas máis cousas queiramos debuxar, menor será o nivel de detalle.
- Experimenta! Experimenta con diferentes materiais e técnicas de debuxo (non fai falla gastar un pastizal en materiais). Podemos facer manchas con café se non temos acuarela, podemos engadir o envoltorio ou o tiquet de papel dun lugar concreto, ou incluir unha mancha feita sen querer no noso debuxo… Iso fará que cando recuperemos e vexamos o caderno pasado un tempo, lembremos todo o que pasou cada día que o abrimos para plasmar algo.
- …e lembra: todxs aprendemos de todxs durante o proceso.
Busca nas redes:
#urbansketching
#urbansketchers
#usk
Libros que poden interesarche:
Verde al natural, de Santi Sallés.
La meditación y el arte de dibujar, de Wendy Ann Greenhalgh.
La perspectiva en urban sketching, de Bruno Mollière.
Abitar el herror, de Guridi.
Dibujando gente en acción, de Lynne Chapman.
Referentes (propios): Santi Sallés, Maru Godás, Joaquín González Dorao, Alicia Aradilla, Celia Burgos, Luis Ruiz Padrón, Guridi, Felix Scheinberger…