Os nosos (ilustres) instrumentos nace da experiencia da ilustradora Laura Romero ao comprobar que as actividades multidisciplinares xeran máis impacto e curiosidade, e divirten máis ás crianzas, que as actividades que unicamente se centran no debuxo. Tendo en conta que xs nenxs aprenden xogando e pasándoo ben, e que a práctica do debuxo é unha ferramenta marabillosa para aprender, decide unir forzas co músico Juan Álvarez (Os Carunchos) para levar a cabo esta actividade.
Este obradoiro multidisciplinar ten como obxectivos:
a) Que xs nenxs coñezan de preto unha serie de instrumentos tradicionais a través da práctica do debuxo directo (sen empregar fotografías) e guiado: o seu nome, as diferencias entre eles, os materiais, o son que emiten…
b) Que xs nenxs escoiten en directo estes instrumentos, e aprendan un pouco da súa historia.
c) Mediante a práctica do debuxo (guiado, neste caso), coñecerán a diferencia entre as cores cálidas e as cores frías, e as asimilarán ós sons de cada instrumento: as cores cálidas para os sons máis vivos e agudos, e os fríos para os sons máis graves, profundos e calmados. Ademais falaremos do valor do debuxo como linguaxe e non como algo a evitar se consideramos que “se nos dá mal debuxar”.
d) Para as menos coñecedoras da música tradicional, que saiban de instrumentos máis alá da pandeireta e da gaita: requinta, pínfano, lata de pimentón, botella, charrasco, a zanfona…, esperando así espertar a curiosidade pola cultura e tradición galegas.
Idade recomendada: de 5 a 12 anos.
Duración recomendada: entre 50 e 60 min.
Para máis info, contacta! 🙂