- Música e Lingua: repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela.
Actividade de normalización lingüística deseñada e levada a cabo (desde o 2018 ata a actualidade) pola banda Zënzar (da que son parte), que consiste nunha primeira parte de charla co alumnado e un concerto ó remate. Para saber máis sobre esta actividade, click aquí.
- Obradoiro de urban sketching no CEIP Apóstolo Santiago polas rúas de Compostela (abril e maio de 2019)
- O galego, a miña lingua propia.
Programa de normalización lingüística no que participo, entre xuño de 2018 e xaneiro de 2019, coa charla-reflexión As mulleres na música galega.

- Coñecendo a…
Obradoiro práctico de artistas galegas para alumnado de Infantil. Do 21 ó 30 de maio de 2018 no CEIP Castelao de Ordes.
- Visita ó Cole de Cea e faladoiro sobre muller e música con Cris Asenjo (O Sorono Maxín). Nov. 2017
- Obradoiros de ilustración e libro ilustrado para nenas e nenos de 3 a 12 anos. Curso 2016/2017. Ordes
Carteis deseñados para cada un dos obradoiros
O resultado: unha revista con relatos ilustrados