As nosas músicas falan galego!

A ilustradora e música Laura Romero xunta, en As nosas músicas falan galego!, o proxecto de visibilización das mulleres do panorama musical galego “Músicas Galegas Ilustradas”, a normalización e promoción da lingua galega e o debuxo en directo.

Trátase da primeira actividade onde Músicas Galegas Ilustradas pon o foco exclusivamente nos proxectos que empregan o galego, sen perder a perspectiva de xénero.

Se ben é certo que a iniciativa non xurdira, alá no 2017, con esa intención, senón a de visibilizar ás mulleres que fan música na actualidade dentro da nosa xeografía (independientemente do idioma), é importante destacar a todas elas que escollen o galego para a súas creacións.


As nosas músicas falan galego! descúbrenos o nexo, a modo de anecdotario narrado, entre grupos e solistas actuais, tales coma Tanxugueiras, Sés, MJ Pérez, A Banda da Loba, Flow do Toxo, Laura LaMontagne ou High Paw, e pioneiras que abriron camiño na nosa música ao longo do século pasado. Mulleres pioneiras que, aínda hoxe, seguen a ser descoñecidas para moita xente.

Para máis info, contacta! 🙂