Ramona Órbita (Ed. Galaxia)

Ramona Órbita: a dona do tempo

(Ed. Galaxia, colección Sonárbore, 2020)

Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, posuidora dunha horta automática de patacas cibernéticas, das que se recollen soas, e dona dunha incrible máquina do tempo coa que percorremos o pasado e o futuro na procura da máquina de movemento perpetuo de Leonardo da Vinci, para xerar enerxías limpas.

Con ela emprenderemos unha viaxe no tempo, así levaranos de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, pola China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores.

máis info