Ferreñas & Rock’n’roll

O libro ilustrado Ferreñas & Rock’n’roll é o resultado do traballo premiado para o  II Concurso de ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade, convocado pola Deputación da Coruña.

Ferreñas-e-Rockandroll-web

A idea deste traballo foi unha evolución do proxecto de Laura Romero, Músicas Galegas Ilustradas, co que trata de dar visibilidade ás mulleres do panorama musical galego actual. O libro céntrase en 31 mulleres e bandas de mulleres que foron pioneiras ou representativas nalgún punto do século XX (a excepción da música que abre o libro, que vive no século XIX).

A escritora e filóloga Iria Pedreira foi a encargada de darlle forma ós textos. Baía é quen edita. Laura Romero, paralelamente a Músicas Galegas Ilustradas, percorreu Galicia durante meses para recompilar datos e falar en persoa con moitas das músicas e algún familiar e amigo próximo a elas. Tamén foi quen ilustra o traballo.

Link á web de Baía para mercar o libro aquí