Disco Ao Son Delas

Ao Son Delas é un proxecto no que conflúen os esforzos do alumnado de Manolo Maseda do IES Maximino Romero de Lema (Baio), seis artistas e bandas femeninas galegas e a ilustración e deseño de Laura Romero. Todas estas artistas (Habelas Hainas, Lupe Blanco, Alba María, Tanxugueiras, Guadi Galego, A Banda da Loba, Ugia Pedreira) foron ilustradas previamente para o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, retratos que se poden ver de novo no libreto do disco.

Trátase dun disco integramente benéfico. O recaudado da venda deste CD irá para apoiar as sesións de movemento consciente de Lúa. Máis info sobre a causa aquí.